Como veredes no vídeo, máis abaixo, a actividade divídese en dúas:
1. Aprender os ritmos sobre o cubo.
2. Aprender unha coreografía.
Imos por partes!
O RITMO:
O xogo presenta un ritmo contínuo, que non cesa ata ao final. Corresponde ao seguinte esquema rítmico:
TI RI TI RI TA TI TI TA
A parte TIRI TIRI TA, sempre percute no cubo.
A parte TITI TA, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo (verédelo no vídeo).
A COREOGRAFÍA:
É moi sinxela. Basta con aprender a letra moi ben e xa sae soa prácticamente.
Aquí vos deixo a LETRA:
- Un cubo (do tipo e tamaño que queirades).
- Unhas baquetas (poden ser de madeira, metal...o que teñades pola casa).
- Un pano para amortiguar o son.
Eu púxenlle ao meu cubo uns soportes feitos do churro da piscina, para que non se mova e soe mellor. Pero isto é totalmente opcional.
O VÍDEO:
Este é o vídeo orixinal:
Fixen un vídeo para que me vexades a min facendo a coreografía. Espero que vos axude.
Non vos preocupedes pola velocidade. Non quero nin pretendo que o fagades á mesma velocidade que se fai no vídeo. Podedes adaptalo e facelo máis lento, sen a música de fondo...como vós vexades! Podedes intentalo así e se vedes que é complicalo simplificádeo: tocar e cantar á velocidade de cada un.
Na clase facémolo así: intentámolo facer todos xuntos á velocidade da música pero se non sae adaptámolo e cambíamoslle a velocidade para que nos saia a tod@s ben! Tamén depende do curso. Pero non vos quero marcar o que tedes que facer por cursos, gustaríame que vós marquedes o que podedes facer!
RITMO SIMPLIFICADO:
Se non vos sae ben o ritmo anterior coas baquetas podedes simplificalo e facer o seguinte esquema rítmico:
TI TI TA TI TI TA
A parte TITI TA primeira, sempre percute no cubo.
A parte TITI TA segunda, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo.
Póñovos tamén un vídeo COA MANEIRA SINXELA DE FACELO.
Calquera dúbida xa sabedes onde estou:
susanadieguez83@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario