domingo, 19 de setembro de 2021

Cross Dance

 Ola a tod@s!

Esta semana pasada traballamos en case tódolos cursos coa música Cross Dance:

- Fixemos unha escoita en silencio (moi importante prestar atención).

- Xogamos cos papeis de seda de cores. Lembrade! Arrugando, estirando, alisando e sacudindo...

- Inventamos novos movementos para facer cos papeis.

- E, por último, fixemos un MUSICOGRAMA!!!

No vídeo, as nenas e nenos de 2º, moi concentrados para seguilo e non perderse👍


Ata a próxima!!


sábado, 11 de setembro de 2021

COMEZA O BAILE!

 BOAS, NENAS E NENOS!

Volvemos estar aquí, neste blog da AULA DE MÚSICA, para publicar cousiñas que vaian aparecendo na nósa aula. 

Espero que entre todos e todas a fagamos moi divertida e que aprendamos moitas cousas novas sobre a MÚSICA!

E para iniciar este curso 2021/2022 déixovos o enlace dun vídeo dunha coreografía moi moi especial que fixeron para a gala de clausura dos xogos paralímpicos, con música de Yoann Lemoine (Woodkid) e interpretada por bailaríns e bailarinas en cadeira de rodas. ESPECTACULAR!

VÍDEO