Ola a tod@s!
Como a semana pasada houbo un parón na actividade, esta semana veño con dúas cousiñas. Moi sinxelas, así que creo que podedes intentar facer as dúas!
A primeira!
- Na seguinte páxina de internet https://playback.fm/ escribe A DATA DE NACEMENTO da persoa que tí queiras. Pode ser o teu, o dos teus pais, irmáns, avós...
- A páxina dirache a canción que soaba nesa data tan importante para tí e poñerache un enlace para que vexas o seu vídeo en youtube.
- Despois de vela terás que enviarme os seguintes datos:
O TEU NOME
O NOME DA PERSOA Á QUE LLE BUSCACHE A CANCIÓN
O TÍTULO DA CANCIÓN E O/A ARTISTA QUE A CANTA.
Eu fixen o seguinte exemplo:
A segunda actividade!
Un xogo de ritmo pero esta vez empregando únicamente PALMAS, MESA/XEONLLOS e PITOS. Se non consegues chiscar os dedos non pasa nada, é cuestión de práctica, pero podes facer simplemente o xesto.
Xa verás que a canción comeza a unha velocidade NORMAL e que despois vai MÁIS RÁPIDO. Intenta facelo das dúas maneiras, pero se non che sae rápido tampouco pasa nada.
O principal, PÁSAO BEN E DESFRUTA COA MÚSICA!
Tamén podes practicalo con este vídeo tan gracioso de youtube, que comeza moito máis lento e pódeche axudar.
Grazas á colega María José Sánchez polo material.
ENVIADE AS ACTIVIDADES A: susanadieguez83@gmail.com
Hoxe traio unha proposta rítmica. Como veredes no vídeo, máis abaixo, a actividade divídese en dúas: 1. Aprender os ritmos sobre o cubo. 2. Aprender unha coreografía. Imos por partes! O RITMO: O xogo presenta un ritmo contínuo, que non cesa ata ao final. Corresponde ao seguinte esquema rítmico:
TI RI TI RI TA TI TI TA
A parte TIRI TIRI TA, sempre percute no cubo. A parte TITI TA, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo (verédelo no vídeo). A COREOGRAFÍA: É moi sinxela. Basta con aprender a letra moi ben e xa sae soa prácticamente. Aquí vos deixo a LETRA:
MATERIAIS: - Un cubo (do tipo e tamaño que queirades). - Unhas baquetas (poden ser de madeira, metal...o que teñades pola casa). - Un pano para amortiguar o son. Eu púxenlle ao meu cubo uns soportes feitos do churro da piscina, para que non se mova e soe mellor. Pero isto é totalmente opcional. O VÍDEO: Este é o vídeo orixinal:
Fixen un vídeo para que me vexades a min facendo a coreografía. Espero que vos axude. Non vos preocupedes pola velocidade. Non quero nin pretendo que o fagades á mesma velocidade que se fai no vídeo. Podedes adaptalo e facelo máis lento, sen a música de fondo...como vós vexades! Podedes intentalo así e se vedes que é complicalo simplificádeo: tocar e cantar á velocidade de cada un. Na clase facémolo así: intentámolo facer todos xuntos á velocidade da música pero se non sae adaptámolo e cambíamoslle a velocidade para que nos saia a tod@s ben! Tamén depende do curso. Pero non vos quero marcar o que tedes que facer por cursos, gustaríame que vós marquedes o que podedes facer!
RITMO SIMPLIFICADO: Se non vos sae ben o ritmo anterior coas baquetas podedes simplificalo e facer o seguinte esquema rítmico:
TI TI TA TI TI TA
A parte TITI TA primeira, sempre percute no cubo.
A parte TITI TA segunda, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo.
Póñovos tamén un vídeo COA MANEIRA SINXELA DE FACELO.