Amosando publicacións coa etiqueta acompañamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acompañamento. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de maio de 2020

BOLERO (sengunda parte)

Como moitos de vós seguintes mandando os vósos traballiños, decidín facer outro vídeo que os resumise. Espero que vos guste!

Grazas a: Edu, Cora, Nuria, Noa, Ruth, Antía, David, Martín, Álex, Hugo, Noelia, Lucía, Xoel e Martín Ares. E tamén a todas as súas familias.


Continuamos con máis cousiñas no blog a semana que vén! Agardo polos vosos traballos desta semana:

susanadieguez83@gmail.com

domingo, 26 de abril de 2020

NOVO VÍDEO

Outro vídeo máis!

Desta volta o BOLERO DE RAVEL deunos para todo: frautas, vasos, culleres, castañolas, pés, palmas...

Se aínda non me mandache a túa versión, estás a tempo! susanadieguez83@gmail.com

GRAZAS: Liam&Alissa, Sara, Tania, Paula, Álex, Mateo, Daniel, Icía, Adrián, Anxo, Daniel, Iria, Gael e Javi. FEMOMENAAAAALLLL!!!!


mércores, 22 de abril de 2020

BOLERO DE RAVEL

Hoxe traio esta peza orquestral, composición do francés Maurice Ravel. O bolero foi un encargo que lle fixo a bailarina rusa Ida Rubinstein. Quería unha peza musical de carácter moi español. A Ravel parece que non lle fixo moita ilusión o encargo e creou unha única melodía que se vai repetindo durante toda a peza incorporando novos instrumentos. Quen lle ía dicir que se convertiría nunha das melodías máis coñecidas da historia?

Co Bolero veñen varias ACTIVIDADES:

- Actividades online: clica sobre o +  da presentación Genially e descubrirala.

- Vídeo: clica sobre o OLLO da presentación Genially e desfruta dos debuxos e da música.

- Actividades descargables en PDF: clica sobre a ESTRELA da presentación Genially.

- Acompañamentos: máis abaixo descubre os acompañamentos do Bolero creados por min. GRAVA un pequeno vídeo utilizando algúns dos que che propoño ou todos eles ou os que tí inventes.

- Frauta doce: tamén podes tocar a MELODÍA DO BOLERO coa túa frauta. Non é especialmente difícil, pero terás que adicarlle algún tempo. Podes vela no vídeo de abaixo PASO A PASO.

Por suposto TOD@S PODEDES FACER TODAS AS ACTIVIDADES PROPOSTAS! Pero se vos parece moito traballo podedes enviar do seguinte xeito:

- 1º EP:     VÍDEO DE ACOMPAÑAMENTOS DO BOLERO.

- 2º, 3º, 4º EP:     ACTIVIDADES PDF     e      VÍDEO DE ACOMPAÑAMENTOS.

- 5º e 6º EP:    ACTIVIDADES PDF    e      FRAUTA DOCE.

susanadieguez83@gmail.com







VÍDEOS ACOMPAÑAMENTOS:









FRAUTA DOCE