domingo, 3 de outubro de 2021

Patróns rítmicos

 O alumnado dos cursos superiores (5º e 6º) practicaron a semana pasada patróns rítmicos. Xa que temos ese espazo acolchado tan chulo no centro, desprazamos a clase de música alí e practicamos a lectura rítmica e a práctica instrumental con instrumentos da pequena percusión. Ademáis escribimos ritmos no caderno de música por parellas. Pasámolo bastante ben e APRENDEMOS!








Figuras con plastilina

 A pasada semana co alumnado de infantil estreamos os novos mantéis da aula de música. Son uns mantéis moi especiáis, teñen un PENTAGRAMA! Enriba deles podemos pintar, pero tamén podemos facer coa plastilina as figuras musicais que xa sabemos: as negas e as corcheas! Algún e algunha ata se animou a facer unha clave de sol!!!!!!

Déixovos unhas imaxes da actividade. tamén podedes poñelas en práctica na casa. 







SAÚDOS!!!