Amosando publicacións coa etiqueta reggae. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reggae. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2020

XOGO DE RITMOS

Hoxe traio unha proposta rítmica. 
Como veredes no vídeo, máis abaixo, a actividade divídese en dúas:

1. Aprender os ritmos sobre o cubo.
2. Aprender unha coreografía.

Imos por partes!

O RITMO:
O xogo presenta un ritmo contínuo, que non cesa ata ao final. Corresponde ao seguinte esquema rítmico:
           TI  RI  TI  RI      TA       TI  TI      TA

A parte TIRI TIRI TA, sempre percute no cubo.
A parte TITI  TA, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo (verédelo no vídeo).

A COREOGRAFÍA:
É moi sinxela. Basta con aprender a letra moi ben e xa sae soa prácticamente.
Aquí vos deixo a LETRA:



MATERIAIS:
- Un cubo (do tipo e tamaño que queirades).
- Unhas baquetas (poden ser de madeira, metal...o que teñades pola casa).
- Un pano para amortiguar o son.
Eu púxenlle ao meu cubo uns soportes feitos do churro da piscina, para que non se mova e soe mellor. Pero isto é totalmente opcional.


O VÍDEO:

Este é o vídeo orixinal:

Fixen un vídeo para que me vexades a min facendo a coreografía. Espero que vos axude.
Non vos preocupedes pola velocidade. Non quero nin pretendo que o fagades á mesma velocidade que se fai no vídeo. Podedes adaptalo e facelo máis lento, sen a música de fondo...como vós vexades! Podedes intentalo así e se vedes que é complicalo simplificádeo: tocar e cantar á velocidade de cada un.

Na clase facémolo así: intentámolo facer todos xuntos á velocidade da música pero se non sae adaptámolo e cambíamoslle a velocidade para que nos saia a tod@s ben! Tamén depende do curso. Pero non vos quero marcar o que tedes que facer por cursos, gustaríame que vós marquedes o que podedes facer!




RITMO SIMPLIFICADO:
Se non vos sae ben o ritmo anterior coas baquetas podedes simplificalo e facer o seguinte esquema rítmico:
          TI   TI       TA          TI   TI     TA

A parte TITI  TA primeira, sempre percute no cubo.
A parte TITI  TA segunda, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo.

Póñovos tamén un vídeo COA MANEIRA SINXELA DE FACELO.





Calquera dúbida xa sabedes onde estou: 
susanadieguez83@gmail.com