mércores, 22 de novembro de 2023

Mozart, un xenio!

En 1° convertémonos no músico e compositor Mozart, coñecemos a sùa historia, fixemos a audición de varios fragmentos das sùas obras e rematamos cunha bonita manualidade.





martes, 21 de novembro de 2023

Bicos de música

Con esta fermosa canción de Mamá Cabra falamos dos medos e das cousas que nos fan estar seguros e seguras.

Que sorte temos cos bicos que nos dan!!!!!








Despois de facer a manualidade cantámola e bailámola e para rematar a sesión XOGAMOS ÁS SILLAS!!





xoves, 2 de novembro de 2023

Danza dos pastores

 Con esta coñecida danza francesa practicamos en 4º de EP o pulso, a percusión corporal, a coordinación... e outros moitos aspectos musicais.

Dámoslle unha volta ao tema e decidimos que, en parellas, inventaremos un novo ritmo consensuado polas dúas partes. O resultado aquí o tedes!