Amosando publicacións coa etiqueta canción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta canción. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2020

Lo Bueno

Neste trimestre tan raro e especial xa fixemos un pouquiño de todo: cantamos, tocamos, escoitamos música... pero fáltanos algo que, ao que máis e ao que menos, nos gusta facer, e é BAILAR!💃💃

Rematamos así as actividades do curso 2019/2020: BAILANDO!
No baile todo son BENEFICIOS,  e se non o cres, mira


En que consisten as actividades desta semana?

1. Escoita a seguinte canción as veces que queiras e as veces que o necesites.



2. Comnpleta o seguinte xogo. Podes facelo online ou descargar as fotos e completalo a man!

OPCIÓN ONLINE


OPCIÓN DESCARGABLE



3. Grava un pequeno vídeo bailando a CANCIÓN: LO BUENO.
Uns 20 segundos de vídeo será suficiente.
A coreografía vai ser totalmente libre, o que a tí che saia de dentro. Déixate levar pola música!
Podes bailar só/soa ou coa compañía de quen queiras (unha persoa, unha mascota, un xoguete...). Podes buscar unha roupa axeitada para o teu baile.
Elixe un lugar con luz, que se che vexa ben, iso sempre quedará mellor no vídeo!
E grávate EN HORIZONTAL, facilitará a montaxe final.

ASÍ, ENTRE TOD@S FAREMOS O NOSO VIDEOCLIP PARA DESPEDIR O CURSO E DARLLE A BENVIDA ÁS MERECIDAS VACACIÓNS!👏✌

Lembra enviar a: susanadieguez83@gmail.com

domingo, 17 de maio de 2020

A FALA, LETRAS GALEGAS


Hoxe cantamos "A Fala", un poema de Manuel María.

"A FALA” UXÍA coa colaboración de TANXUGUEIRAS e FAIA POEMA: Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979) MÚSICA: Uxía e Sérgio Tannus. Audio baseado no concerto gravado ao vivo na Casa-Museo de Manuel María o 6 de outubro de 2015, recollido no disco Uxía canta a Manuel María (Fundación Manuel María, 2016), ao que se engadiron en maio de 2020 os coros, arpa e baixo eléctrico.

A LETRA

O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO: O SALOUCO MÁIS FEBLE, O PENSAR MÁIS PROFUNDO. O IDIOMA É A VIDA, O COITELO DA DOR, O MURMURIO DO VENTO, A PALABRA DE AMOR. AIALA LALA… O IDIOMA É O TEMPO, É A VOZ DOS AVÓS E ESE BREVE RONSEL QUE DEIXAREMOS NÓS. O IDIOMA É UN HERDO, PATRIMONIO DO POBO, MAXICAMENTE VELLO, ETERNAMENTE NOVO. AIALA LALA…(BIS) O IDIOMA É A FORZA QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN. ¡SE PERDEMOS A FALA NON SEREMOS NINGUÉN! RENUNCIAR AO IDIOMA É SER MUDO E MORRER. ¡PRECISAMOS A LINGUA SE QUEREMOS VENCER! AIALA LALA…(BIS)

martes, 12 de maio de 2020

RAPEAMOS?



Esta semana tráiovos un Rap moi especial.
Titulámolo o RAP DO CORONAVIRUS! A letra está composta íntegramente por algunhas alumnas e alumnos de 5ºB, que a crearon inspirándose no cambio que as súas vidas (e as nósas) experimentaron desde que o virus tannnn famoso entrou nelas!

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE DESTA SEMANA?

Le ben a letra, varias veces (poden axudarche na casa).
Intenta memorizar algunhas estrofas (ou se te ves capaz, todas!) e, por suposto, o retrouso (que é moi pegadizo).
Unha vez que xa a teñas preparada chegou o MOMENTO DE GRAVAR!🙈🙊

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬

Busca un lugar chulo e que teña moita luz para que se che vexa ben (se é luz natural, moito mellor).
Roupa e maquillaxe de rapeir@ (iso sempre lle vai dar un toque GUAI).

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬

E.................................... GRAVA o teu RAP!!

Uns detalles para a gravación:

1. A CÁMARA EN HORIZONTAL ➨
2. SEN RUÍDOS NIN MÚSICA DE FONDO, SÓ A TÚA VOZ (iso facilita a montaxe do vídeo posterior).

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬
Déixovos aquí un exemplo de cómo facelo. Pero cada un/ unha que busque o SEU ESTILO, iso é o mellor!




Tamén vos deixo un EXEMPLO DE BASE DE RAP. É só un exemplo para que escoitedes e practiquedes. No vídeo que mandedes NON DEBE IR COA MÚSICA!


COMO CHE MANDO OS VÍDEOS SE OCUPAN MOITO ESPAZO?

Esta é unha cuestión que tiña ganas de comentarvos porque xa pasou varias veces. Que os vídeos que facedes van con calidade e non os admite o correo electrónico.

Pois ben, algunhas familias están usando a ferramenta WETRANSFER para poder envialos sen problemas de capacidade. É moi sinxela de usar, non hai que instalar nada no ordenador, nin sequera rexistrarse. Simplemente cargar o vídeo, poñer o meu mail (susanadieguez83@gmail.com) e enviar!
Déixovos un titorial que explica o PASO A PASO. 

De todos xeitos, se tedes problemas en enviar facédemo saber que buscamos a solución.




UN SAÚDO E                   A RAPEAAAARRRRRR!!!!












venres, 8 de maio de 2020

MARCHA DE LAS LETRAS (INFANTIL)

Xa facía moito que non poñía nada para vós, pequenas e pequenos do cole!

Hoxe veño cunha canción sobre as VOGAIS. Unha boa maneira de repasalas é cantándoas e , por suposto, bailándoas. Se queredes podedes facelo como o fago eu no vídeo pero seguríiiisimo que a vós vos sae moito mellor!


Agardo que vos guste!

                                   
Se queredes que vos vexa como a facedes enviádeme vídeos a:

susanadieguez83@gmail.com

martes, 14 de abril de 2020

QUE RICOS OS BICOS

BICOS

Como xa seguro que vistes, onte foi o día internacional do bico. E a min inspiroume a facer este vídeo coa música de Cé orquestra pantasma.

Agardo que DESFRUTEDES del, CANTEDES con él, que BIQUEDES con él e que ENVIEDES as vósas versións ao meu mail: 
susanadieguez83@gmail.com



ACTIVIDADE PROPOSTA PARA INFANTIL