Esta semana tráiovos un Rap moi especial.
Titulámolo o RAP DO CORONAVIRUS! A letra está composta íntegramente por algunhas alumnas e alumnos de 5ºB, que a crearon inspirándose no cambio que as súas vidas (e as nósas) experimentaron desde que o virus tannnn famoso entrou nelas!
1º Le ben a letra, varias veces (poden axudarche na casa).
2º Intenta memorizar algunhas estrofas (ou se te ves capaz, todas!) e, por suposto, o retrouso (que é moi pegadizo).
3º Unha vez que xa a teñas preparada chegou o MOMENTO DE GRAVAR!🙈🙊
⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬
4º Busca un lugar chulo e que teña moita luz para que se che vexa ben (se é luz natural, moito mellor).
5º Roupa e maquillaxe de rapeir@ (iso sempre lle vai dar un toque GUAI).
⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬
E.................................... GRAVA o teu RAP!!
Uns detalles para a gravación:
1. A CÁMARA EN HORIZONTAL ➨
2. SEN RUÍDOS NIN MÚSICA DE FONDO, SÓ A TÚA VOZ (iso facilita a montaxe do vídeo posterior).
⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬
Déixovos aquí un exemplo de cómo facelo. Pero cada un/ unha que busque o SEU ESTILO, iso é o mellor!
Tamén vos deixo un EXEMPLO DE BASE DE RAP. É só un exemplo para que escoitedes e practiquedes. No vídeo que mandedes NON DEBE IR COA MÚSICA!
COMO CHE MANDO OS VÍDEOS SE OCUPAN MOITO ESPAZO?
Esta é unha cuestión que tiña ganas de comentarvos porque xa pasou varias veces. Que os vídeos que facedes van con calidade e non os admite o correo electrónico.
Pois ben, algunhas familias están usando a ferramenta WETRANSFER para poder envialos sen problemas de capacidade. É moi sinxela de usar, non hai que instalar nada no ordenador, nin sequera rexistrarse. Simplemente cargar o vídeo, poñer o meu mail (susanadieguez83@gmail.com) e enviar!
Déixovos un titorial que explica o PASO A PASO.
De todos xeitos, se tedes problemas en enviar facédemo saber que buscamos a solución.
UN SAÚDO E A RAPEAAAARRRRRR!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario