luns, 4 de maio de 2020

SONS AGUDOS, MEDIOS E GRAVES

Nesta semana fágovos unha proposta AUDITIVA! Así que limpade ben as orellas, prestade atención e...A ESCOITAR!

A miña proposta é con tapóns de botellas. Pinteinos con témperas de varias cores e, sobre un folio, coloqueinos seguindo o código: AGUDOS, MEDIOS E GRAVES.

Vós podedes empregar os materiais que queirades. É máis, gustaríame ver cousas variopintas e moita creatividade! Pero se non vos queredes complicar...facede coma min!

Máis abaixo veredes TRES VÍDEOS. Tódolos vídeos comezan igual: presentación da actividade, dous exemplos e DÚAS (ou TRES) melodías de DEBEDES ADIVIÑAR!

ACTIVIDADE PARA 1º E 2º EP:

1. PREPARA MATERIAIS PARA DOUS SONS:     AGUDOS E GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. ESCOITA AS TRES MELODÍAS DIFERENTES.QUE SONS ESCOITACHES?

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).





ACTIVIDADES PARA 3º e 4º EP:

1. PREPARA MATERIAIS PARA TRES SONS:      AGUDOS, MEDIOS GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. ESCOITA AS DÚAS MELODÍAS DIFERENTES.  QUE SONS ESCOITACHES?

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).




ACTIVIDADES PARA 5º E 6º EP:


1. PREPARA MATERIAIS PARA TRES SONS:      AGUDOS, MEDIOS E  GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. A TÚA MELODÍA É MÁIS COMPLEXA (normal, porque xa sabes moito!).

Consta de 6 COMPASES de 2/4 (dous por catro) e con figuras de BRANCAS-CORCHEAS-NEGRAS. NO VÍDEOS PÓDELOS ESCOITAR POR SEPARADO.

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).



LEMBRA enviar as túas creacións a:

susanadieguez83@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario