xoves, 28 de setembro de 2023

Aulavirtualmusica

 Dende a pasada semana o alumnado de 5ª de EP traballa co novo método aulavirtualmusica.com!

Reapasmos ritmos, entonación, frauta... e empregamos os ordenadores para facer aqueles exercicios de audición individuais. 

Motívanos moito e imos aprender un montón!





martes, 26 de setembro de 2023

Nubes

Chegou o Outono!

O ceo énchese de nubes que ás veces traen choiva!

Con esta canción de Sergio Tannus dámoslle a benvida. A nós non nos imporatan as nubes porque nos pillan cantando e bailando.






Coñecemos a negra e o seu silencio

 Por medio desta canción coñecemos a figura da negra e o seu silencio. Asociamos as sílabas rítmicas (TA) e vivenciámolo movéndonos pola aula. 

Mira que ben o fan os nenos e nenas de 1º!!



martes, 19 de setembro de 2023

Cinco dediños

Traballamos esta sinxela canción na aula de 4° EI e de 6º de EI, despois deixamos as nosas mans pintadas e repasamos os nomes dos dedos.






 



luns, 18 de setembro de 2023

Sentindo o pulso

 Comezamos o curso 23/24 con ritmo!!

O alumnado de 1° EP acompañan con instrumentos de pequena percusión unha canción. Moi atent@s ao musicograma para respectar os silenzos.