domingo, 31 de maio de 2020

Bim Bam


Ola a tod@s!
Como a semana pasada houbo un parón na actividade, esta semana veño con dúas cousiñas. Moi sinxelas, así que creo que podedes intentar facer as dúas!

A primeira!

- Na seguinte páxina de internet https://playback.fm/  escribe A DATA DE NACEMENTO da persoa que tí queiras. Pode ser o teu, o dos teus pais, irmáns, avós...
- A páxina dirache a canción que soaba nesa data tan importante para tí e poñerache un enlace para que vexas o seu vídeo en youtube.
- Despois de vela terás que enviarme os seguintes datos:

  • O TEU NOME
  • O NOME DA PERSOA Á QUE LLE BUSCACHE A CANCIÓN
  • O TÍTULO DA CANCIÓN E O/A ARTISTA QUE A CANTA.                     

Eu fixen o seguinte exemplo:



A segunda actividade!

Un xogo de ritmo pero esta vez empregando únicamente PALMAS, MESA/XEONLLOS e PITOS. Se non consegues chiscar os dedos non pasa nada, é cuestión de práctica, pero podes facer simplemente o xesto. 

Xa verás que a canción comeza a unha velocidade NORMAL e que despois vai MÁIS RÁPIDO. Intenta facelo das dúas maneiras, pero se non che sae rápido tampouco pasa nada.

O principal, PÁSAO BEN E DESFRUTA COA MÚSICA!


Tamén podes practicalo con este vídeo tan gracioso de youtube, que comeza moito máis lento e pódeche axudar.


Grazas á colega María José Sánchez polo material.

ENVIADE AS ACTIVIDADES A: susanadieguez83@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario