domingo, 7 de xuño de 2020

Lo Bueno

Neste trimestre tan raro e especial xa fixemos un pouquiño de todo: cantamos, tocamos, escoitamos música... pero fáltanos algo que, ao que máis e ao que menos, nos gusta facer, e é BAILAR!💃💃

Rematamos así as actividades do curso 2019/2020: BAILANDO!
No baile todo son BENEFICIOS,  e se non o cres, mira


En que consisten as actividades desta semana?

1. Escoita a seguinte canción as veces que queiras e as veces que o necesites.



2. Comnpleta o seguinte xogo. Podes facelo online ou descargar as fotos e completalo a man!

OPCIÓN ONLINE


OPCIÓN DESCARGABLE



3. Grava un pequeno vídeo bailando a CANCIÓN: LO BUENO.
Uns 20 segundos de vídeo será suficiente.
A coreografía vai ser totalmente libre, o que a tí che saia de dentro. Déixate levar pola música!
Podes bailar só/soa ou coa compañía de quen queiras (unha persoa, unha mascota, un xoguete...). Podes buscar unha roupa axeitada para o teu baile.
Elixe un lugar con luz, que se che vexa ben, iso sempre quedará mellor no vídeo!
E grávate EN HORIZONTAL, facilitará a montaxe final.

ASÍ, ENTRE TOD@S FAREMOS O NOSO VIDEOCLIP PARA DESPEDIR O CURSO E DARLLE A BENVIDA ÁS MERECIDAS VACACIÓNS!👏✌

Lembra enviar a: susanadieguez83@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario