Rapazas e rapaces, fixéstelo moi ben!!!Pero sen esas nais, pais, irmáns...que están por detrás apoiándovos, non sería posible! Moitos de vós introducíndovos nas tecnoloxías para que os vósos fillos e fillas continuaran coa súa formación.
Sobretodo quero darvos as GRAZAS CON MAIÚSCULAS por VALORAR A EDUCACIÓN MUSICAL. Moitas veces inxustamente infravalorada pola sociedade, e porqué non dicilo, polas leis educativas.
Botarei de menos recibir os vósos traballiños bailando, tocando, cantando...ALEGRÁSTESME O CONFINAMENTO!
Nestes meses de descanso respectade a natureza, xogade, escoitade música, ide a algún concerto, bailade ata debaixo da ducha, cantade a pleno pulmón, aprendede a tocar aquel instrumento que vos chame a atención...Porque o mundo NON ESTÁ PARADO, nós facemos que funcione!
Este blog CONTINUARÁ, eu, polo menos, non lle saco nada negativo! Todo o que aquí aconteceu foi para mellor...FAREMOS QUE SIGA SENDO ASÍ!
Para dicirvos ata logo déixovos un vídeo. Merchi, a miña amiga, ideou esta coreografía sinxela para que a DESFRUTEDES TODO O VERÁN. Practicádea moito porque...É SE A BAILAMOS O PRIMEIRO DÍA DE CURSO???????😉😋💃
ATA PRONTO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario