domingo, 31 de maio de 2020

Bim Bam


Ola a tod@s!
Como a semana pasada houbo un parón na actividade, esta semana veño con dúas cousiñas. Moi sinxelas, así que creo que podedes intentar facer as dúas!

A primeira!

- Na seguinte páxina de internet https://playback.fm/  escribe A DATA DE NACEMENTO da persoa que tí queiras. Pode ser o teu, o dos teus pais, irmáns, avós...
- A páxina dirache a canción que soaba nesa data tan importante para tí e poñerache un enlace para que vexas o seu vídeo en youtube.
- Despois de vela terás que enviarme os seguintes datos:

  • O TEU NOME
  • O NOME DA PERSOA Á QUE LLE BUSCACHE A CANCIÓN
  • O TÍTULO DA CANCIÓN E O/A ARTISTA QUE A CANTA.                     

Eu fixen o seguinte exemplo:



A segunda actividade!

Un xogo de ritmo pero esta vez empregando únicamente PALMAS, MESA/XEONLLOS e PITOS. Se non consegues chiscar os dedos non pasa nada, é cuestión de práctica, pero podes facer simplemente o xesto. 

Xa verás que a canción comeza a unha velocidade NORMAL e que despois vai MÁIS RÁPIDO. Intenta facelo das dúas maneiras, pero se non che sae rápido tampouco pasa nada.

O principal, PÁSAO BEN E DESFRUTA COA MÚSICA!


Tamén podes practicalo con este vídeo tan gracioso de youtube, que comeza moito máis lento e pódeche axudar.


Grazas á colega María José Sánchez polo material.

ENVIADE AS ACTIVIDADES A: susanadieguez83@gmail.com



mércores, 27 de maio de 2020

Ola!

Ola queridas nenas e nenos!
Esta semana facemos un descansiño das actividades de música. Xa sei que estabades pendientes a ver que vos propoñìa esta semana, pero vai ter que esperar!
Vós non vos aburrades, podedes cantar, bailar, tocar... que iso sempre vos fará máis felices!!

Voltarei ver os vósos vídeos e propoñéndovos cousas novas!!


domingo, 24 de maio de 2020

Coronavirus Rap

Bo domingo a tod@s!
Fostes moitos os que me mandaste vídeos do rap. Cada un na súa versión, lóxicamente. E como foi un pouquiño difícil unificar todo, xa que cada un/unha rapeou a un ritmo e velocidade moi diferentes decidín facer dúas versións do rap.
Espero que vos gusten! Fixestes un gran traballo e sodes uns/unhas artistas cando volo propoñedes!!!






mércores, 20 de maio de 2020

XOGO DE RITMOS

Hoxe traio unha proposta rítmica. 
Como veredes no vídeo, máis abaixo, a actividade divídese en dúas:

1. Aprender os ritmos sobre o cubo.
2. Aprender unha coreografía.

Imos por partes!

O RITMO:
O xogo presenta un ritmo contínuo, que non cesa ata ao final. Corresponde ao seguinte esquema rítmico:
           TI  RI  TI  RI      TA       TI  TI      TA

A parte TIRI TIRI TA, sempre percute no cubo.
A parte TITI  TA, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo (verédelo no vídeo).

A COREOGRAFÍA:
É moi sinxela. Basta con aprender a letra moi ben e xa sae soa prácticamente.
Aquí vos deixo a LETRA:



MATERIAIS:
- Un cubo (do tipo e tamaño que queirades).
- Unhas baquetas (poden ser de madeira, metal...o que teñades pola casa).
- Un pano para amortiguar o son.
Eu púxenlle ao meu cubo uns soportes feitos do churro da piscina, para que non se mova e soe mellor. Pero isto é totalmente opcional.


O VÍDEO:

Este é o vídeo orixinal:

Fixen un vídeo para que me vexades a min facendo a coreografía. Espero que vos axude.
Non vos preocupedes pola velocidade. Non quero nin pretendo que o fagades á mesma velocidade que se fai no vídeo. Podedes adaptalo e facelo máis lento, sen a música de fondo...como vós vexades! Podedes intentalo así e se vedes que é complicalo simplificádeo: tocar e cantar á velocidade de cada un.

Na clase facémolo así: intentámolo facer todos xuntos á velocidade da música pero se non sae adaptámolo e cambíamoslle a velocidade para que nos saia a tod@s ben! Tamén depende do curso. Pero non vos quero marcar o que tedes que facer por cursos, gustaríame que vós marquedes o que podedes facer!




RITMO SIMPLIFICADO:
Se non vos sae ben o ritmo anterior coas baquetas podedes simplificalo e facer o seguinte esquema rítmico:
          TI   TI       TA          TI   TI     TA

A parte TITI  TA primeira, sempre percute no cubo.
A parte TITI  TA segunda, vai cambiando: percute no chan, no aire e no aire/cubo.

Póñovos tamén un vídeo COA MANEIRA SINXELA DE FACELO.





Calquera dúbida xa sabedes onde estou: 
susanadieguez83@gmail.com


martes, 19 de maio de 2020

Aviso RAP

As e os que queirades enviarme o RAP e aínda non o fixestes teredes de prazo ata o VENRES 22.
Teño que poñer un límite para despois facer a montaxe do VÍDEO.

E PÓDOVOS ADIANTAR QUE VAI CON SORPRESA!!!!!!!



susanadieguez83@gmail.com

domingo, 17 de maio de 2020

A FALA, LETRAS GALEGAS


Hoxe cantamos "A Fala", un poema de Manuel María.

"A FALA” UXÍA coa colaboración de TANXUGUEIRAS e FAIA POEMA: Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979) MÚSICA: Uxía e Sérgio Tannus. Audio baseado no concerto gravado ao vivo na Casa-Museo de Manuel María o 6 de outubro de 2015, recollido no disco Uxía canta a Manuel María (Fundación Manuel María, 2016), ao que se engadiron en maio de 2020 os coros, arpa e baixo eléctrico.

A LETRA

O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO: O SALOUCO MÁIS FEBLE, O PENSAR MÁIS PROFUNDO. O IDIOMA É A VIDA, O COITELO DA DOR, O MURMURIO DO VENTO, A PALABRA DE AMOR. AIALA LALA… O IDIOMA É O TEMPO, É A VOZ DOS AVÓS E ESE BREVE RONSEL QUE DEIXAREMOS NÓS. O IDIOMA É UN HERDO, PATRIMONIO DO POBO, MAXICAMENTE VELLO, ETERNAMENTE NOVO. AIALA LALA…(BIS) O IDIOMA É A FORZA QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN. ¡SE PERDEMOS A FALA NON SEREMOS NINGUÉN! RENUNCIAR AO IDIOMA É SER MUDO E MORRER. ¡PRECISAMOS A LINGUA SE QUEREMOS VENCER! AIALA LALA…(BIS)

mércores, 13 de maio de 2020

Vídeo resumo: SONS

Boas a todas e todos!
Como tódalas semanas aquí vos vai un resumo dos traballiños que me enviastes a semana pasada. Moi bo traballo!!!!!!!!!

Imaxino que xa estades PREPARANDO ESE RAP, NON SI? ÁNIMO!💪

👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀



martes, 12 de maio de 2020

RAPEAMOS?



Esta semana tráiovos un Rap moi especial.
Titulámolo o RAP DO CORONAVIRUS! A letra está composta íntegramente por algunhas alumnas e alumnos de 5ºB, que a crearon inspirándose no cambio que as súas vidas (e as nósas) experimentaron desde que o virus tannnn famoso entrou nelas!

EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE DESTA SEMANA?

Le ben a letra, varias veces (poden axudarche na casa).
Intenta memorizar algunhas estrofas (ou se te ves capaz, todas!) e, por suposto, o retrouso (que é moi pegadizo).
Unha vez que xa a teñas preparada chegou o MOMENTO DE GRAVAR!🙈🙊

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬

Busca un lugar chulo e que teña moita luz para que se che vexa ben (se é luz natural, moito mellor).
Roupa e maquillaxe de rapeir@ (iso sempre lle vai dar un toque GUAI).

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬

E.................................... GRAVA o teu RAP!!

Uns detalles para a gravación:

1. A CÁMARA EN HORIZONTAL ➨
2. SEN RUÍDOS NIN MÚSICA DE FONDO, SÓ A TÚA VOZ (iso facilita a montaxe do vídeo posterior).

⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬
Déixovos aquí un exemplo de cómo facelo. Pero cada un/ unha que busque o SEU ESTILO, iso é o mellor!




Tamén vos deixo un EXEMPLO DE BASE DE RAP. É só un exemplo para que escoitedes e practiquedes. No vídeo que mandedes NON DEBE IR COA MÚSICA!


COMO CHE MANDO OS VÍDEOS SE OCUPAN MOITO ESPAZO?

Esta é unha cuestión que tiña ganas de comentarvos porque xa pasou varias veces. Que os vídeos que facedes van con calidade e non os admite o correo electrónico.

Pois ben, algunhas familias están usando a ferramenta WETRANSFER para poder envialos sen problemas de capacidade. É moi sinxela de usar, non hai que instalar nada no ordenador, nin sequera rexistrarse. Simplemente cargar o vídeo, poñer o meu mail (susanadieguez83@gmail.com) e enviar!
Déixovos un titorial que explica o PASO A PASO. 

De todos xeitos, se tedes problemas en enviar facédemo saber que buscamos a solución.




UN SAÚDO E                   A RAPEAAAARRRRRR!!!!












sábado, 9 de maio de 2020

CUESTIONARIO ONLINE


HOXE TRÁIOVOS UN CUESTIONARIO QUE PODEDES FACER COMODAMENTE NAS VÓSAS TABLETS, ORDENADORES OU NOS TELÉFONOS DOS PAPIS E DAS MAMIS👫

É PARA TODOS OS NIVEIS ASÍ QUE...ESTÁ CHUPADO!

TEDES QUE VER ESTE VÍDEO. PORQUE AS PREGUNTAS DO CUESTIONARIO ESTÁN RELACIONADAS CON ÉL!

                                     

AGORA XA PODEDES FACER O CUESTIONARIO!!!!!!!

E/OU ESCRIBE O CÓDIGO   369133



A XOGAR!✌

venres, 8 de maio de 2020

Quero ser maior (Vídeo)

A semana pasada, igual ca todas, traballastes moi ben e, aínda que me dá traballiño, non podo deixar pasar a ocasión e "metervos a tod@s" nun vídeo!

Grazas a: Álex Arias, Antía, Anxo, Brenda, Cora, Daniel, Diego, Edu, Enrique, Gael, Hugo, Icía, Iria, Javi, Laura, Marcos, Martín, Mateo, Noa, Nuria, Paula, Tania, Adrián, Liam e Xoel.

AGARDO QUE VOS GUSTE!


Se vos gustou podedes deixar un comentario aquí abaixo e así pódeno ver tódolos compis!



MARCHA DE LAS LETRAS (INFANTIL)

Xa facía moito que non poñía nada para vós, pequenas e pequenos do cole!

Hoxe veño cunha canción sobre as VOGAIS. Unha boa maneira de repasalas é cantándoas e , por suposto, bailándoas. Se queredes podedes facelo como o fago eu no vídeo pero seguríiiisimo que a vós vos sae moito mellor!


Agardo que vos guste!

                                   
Se queredes que vos vexa como a facedes enviádeme vídeos a:

susanadieguez83@gmail.com

luns, 4 de maio de 2020

SONS AGUDOS, MEDIOS E GRAVES

Nesta semana fágovos unha proposta AUDITIVA! Así que limpade ben as orellas, prestade atención e...A ESCOITAR!

A miña proposta é con tapóns de botellas. Pinteinos con témperas de varias cores e, sobre un folio, coloqueinos seguindo o código: AGUDOS, MEDIOS E GRAVES.

Vós podedes empregar os materiais que queirades. É máis, gustaríame ver cousas variopintas e moita creatividade! Pero se non vos queredes complicar...facede coma min!

Máis abaixo veredes TRES VÍDEOS. Tódolos vídeos comezan igual: presentación da actividade, dous exemplos e DÚAS (ou TRES) melodías de DEBEDES ADIVIÑAR!

ACTIVIDADE PARA 1º E 2º EP:

1. PREPARA MATERIAIS PARA DOUS SONS:     AGUDOS E GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. ESCOITA AS TRES MELODÍAS DIFERENTES.QUE SONS ESCOITACHES?

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).





ACTIVIDADES PARA 3º e 4º EP:

1. PREPARA MATERIAIS PARA TRES SONS:      AGUDOS, MEDIOS GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. ESCOITA AS DÚAS MELODÍAS DIFERENTES.  QUE SONS ESCOITACHES?

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).




ACTIVIDADES PARA 5º E 6º EP:


1. PREPARA MATERIAIS PARA TRES SONS:      AGUDOS, MEDIOS E  GRAVES.
2. MIRA O VÍDEO E PON ATENCIÓN NOS EXEMPLOS.
3. A TÚA MELODÍA É MÁIS COMPLEXA (normal, porque xa sabes moito!).

Consta de 6 COMPASES de 2/4 (dous por catro) e con figuras de BRANCAS-CORCHEAS-NEGRAS. NO VÍDEOS PÓDELOS ESCOITAR POR SEPARADO.

DEBUXA, ESCRIBE E/OU DESEÑA AS PARTITURAS (eu fíxena con tapóns).



LEMBRA enviar as túas creacións a:

susanadieguez83@gmail.com

domingo, 3 de maio de 2020

SORPRESA!


AQUÍ VOS DEIXO UNHA COUSIÑA QUE ATOPEI POLA REDE. SEGUIDE AS INSTRUCCIÓNS E...

 A DESFRUTAR! 

UNHA IDEA! PODEDES ESCRIBIR O NOME DA VÓSA NAI E ADICARLLO NO DÍA DE HOXE!

venres, 1 de maio de 2020

BOLERO (sengunda parte)

Como moitos de vós seguintes mandando os vósos traballiños, decidín facer outro vídeo que os resumise. Espero que vos guste!

Grazas a: Edu, Cora, Nuria, Noa, Ruth, Antía, David, Martín, Álex, Hugo, Noelia, Lucía, Xoel e Martín Ares. E tamén a todas as súas familias.


Continuamos con máis cousiñas no blog a semana que vén! Agardo polos vosos traballos desta semana:

susanadieguez83@gmail.com