venres, 19 de xuño de 2020

Ata Pronto!

Remata xa o curso 2019/2020. Quen pensaba que o último trimestre ía ser deste xeito? Ninguén nos podiamos imaxinar que enviar correos, gravar vídeos...ía formar parte da nósa rutina semanal para a clase de música.
Rapazas e rapaces, fixéstelo moi ben!!!Pero sen esas nais, pais, irmáns...que están por detrás apoiándovos, non sería posible! Moitos de vós introducíndovos nas tecnoloxías para que os vósos fillos e fillas continuaran coa súa formación.

Sobretodo quero darvos as GRAZAS CON MAIÚSCULAS por VALORAR A EDUCACIÓN MUSICAL. Moitas veces inxustamente infravalorada pola sociedade, e porqué non dicilo, polas leis educativas.
Botarei de menos recibir os vósos traballiños bailando, tocando, cantando...ALEGRÁSTESME O CONFINAMENTO!

Nestes meses de descanso respectade a natureza, xogade, escoitade música, ide a algún concerto, bailade ata debaixo da ducha, cantade a pleno pulmón, aprendede a tocar aquel instrumento que vos chame a atención...Porque o mundo NON ESTÁ PARADO, nós facemos que funcione!

Este blog CONTINUARÁ, eu, polo menos, non lle saco nada negativo! Todo o que aquí aconteceu foi para mellor...FAREMOS QUE SIGA SENDO ASÍ!

Para dicirvos ata logo déixovos un vídeo. Merchi, a miña amiga, ideou esta coreografía sinxela para que a DESFRUTEDES TODO O VERÁN. Practicádea moito porque...É SE A BAILAMOS O PRIMEIRO DÍA DE CURSO???????😉😋💃


ATA PRONTO!


mércores, 17 de xuño de 2020

Lo Bueno (vídeo)

Rematan as actividades de música, pero non remata a semana...ASÍ QUE MOIT ATENTAS E ATENTOS PORQUE ISTO NON REMATOU!

Se recibistes ou recibides unha cousiña da miña parte, gustaríame ter unha foto vósa con iso 😜😜

Déixovos o vídeo de LO BUENO, unha canción que só pode dar BO ROLLO!!!



BICOOOOOOOSSSS!!!

xoves, 11 de xuño de 2020

martes, 9 de xuño de 2020

Recopilatorio de Música

Velaquí o froito da vósa búsqueda da música do día en que nacestes! O certo é que hai variedade de estilos, e para gustos...Tamén variedade de épocas, xa que buscastes os vósos e tamén o dalgunhas bisavoas, tíos, pais, nais, irmáns...
Os videoclips dan para moitos comentarios, poderíase falar da súa estética e mesmo do papel que xoga a muller neles. Pero non imos entrar aí! Xa haberá tempo.

Agardo que pasedes un ANACO entretido! Pinchando en cada botón verde podedes escoitalas. Moitas grazas.

domingo, 7 de xuño de 2020

Lo Bueno

Neste trimestre tan raro e especial xa fixemos un pouquiño de todo: cantamos, tocamos, escoitamos música... pero fáltanos algo que, ao que máis e ao que menos, nos gusta facer, e é BAILAR!💃💃

Rematamos así as actividades do curso 2019/2020: BAILANDO!
No baile todo son BENEFICIOS,  e se non o cres, mira


En que consisten as actividades desta semana?

1. Escoita a seguinte canción as veces que queiras e as veces que o necesites.



2. Comnpleta o seguinte xogo. Podes facelo online ou descargar as fotos e completalo a man!

OPCIÓN ONLINE


OPCIÓN DESCARGABLE



3. Grava un pequeno vídeo bailando a CANCIÓN: LO BUENO.
Uns 20 segundos de vídeo será suficiente.
A coreografía vai ser totalmente libre, o que a tí che saia de dentro. Déixate levar pola música!
Podes bailar só/soa ou coa compañía de quen queiras (unha persoa, unha mascota, un xoguete...). Podes buscar unha roupa axeitada para o teu baile.
Elixe un lugar con luz, que se che vexa ben, iso sempre quedará mellor no vídeo!
E grávate EN HORIZONTAL, facilitará a montaxe final.

ASÍ, ENTRE TOD@S FAREMOS O NOSO VIDEOCLIP PARA DESPEDIR O CURSO E DARLLE A BENVIDA ÁS MERECIDAS VACACIÓNS!👏✌

Lembra enviar a: susanadieguez83@gmail.com

martes, 2 de xuño de 2020

Xogo Ritmos (vídeo)

Aquí vai un resumo dos vídeos que me mandastes a outra semana. Coma sempre un FANTÁSTICO TRABALLO!

GRAZAS A: Gael, Brenda, Adri, Álex Arias, Laura, Wenda, Anxo, Martín, Arón, Uxía, Iria, Emmanuel, Daniel, Álex Armesto, Daniel, Xoel, Nuria, Mateo, Antía, Edu, Sara, Icía, Enrique, Javi, Hugo, Noa, Tania e Paula. E ás vosas familias!

UN BICO ENORME!💋