E diredes...que tén que ver todo isto coa música? Pois que hai unha escea desa peli que se fixo moi popular. Nela, o prota e outro dos actores, bailan sobre un piano xigante nunha xoguetería de Nova York. Imos ver a escea:
Como puidestes observar interpretan dúas melodías. A PRIMEIRA chámase Heart and Soul (Corazón e alma). Aquí vos deixo a súa partitura.
A SEGUNDA melodía que interpretan sobre o piano xigante é a que nos vai interesar agora. Chámase CHOPSTICKS (palillos chinos). Chámase así porque pola súa forma de tocala ao piano só utilizamos dous dedos. De feito, a xente que comeza con estudos de piano aprende esta peza tan sinxela e divertida.Aquí a partitura:
Con esta peza veñen varias ACTIVIDADES:
- 1º, 2º e 3º de EP: forma o teu piano xigante cos materiais que tí queiras e interpreta a melodía. Faino coma no vídeo:
Se o prefires tamén a podes tocar cunha aplicación para tablets e móbiles: chámase Mi primer Xilófono. Descárgaa, grávaa e envíama.
Mira o vídeo:
- 4º, 5º e 6º de EP: para vós teño un reto maior. Colle a frauta e interpreta unha das dúas voces (a melodía aguda ou a grave). Ao mellor é máis sinxelo que fagas a aguda pero estaría moi ben que practicases a difícil tamén. Mira no vídeo:
Como sempre vos digo TODOS PODEDES INTENTAR FACER TODAS AS ACTIVIDADES. Calquera dúbida escribídeme ao mail:
susanadieguez83@gmail.com
ADIANTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario