mércores, 29 de abril de 2020

BIG

Imaxinades pedir un desexo a unha máquina e que ao día seguinte espertedes tendo 30 anos? Pois iso foi o que lle pasou ao protagonista da película dos anos oitenta, BIG, que canso de ser considerado por todos un mocoso non desexaba outra cousa que facerse maior!

E diredes...que tén que ver todo isto coa música? Pois que hai unha escea desa peli que se fixo moi popular. Nela, o prota e outro dos actores, bailan sobre un piano xigante nunha xoguetería de Nova York. Imos ver a escea:

Como puidestes observar interpretan dúas melodías. A PRIMEIRA  chámase Heart and Soul (Corazón e alma). Aquí vos deixo a súa partitura.
A SEGUNDA melodía que interpretan sobre o piano xigante é a que nos vai interesar agora. Chámase CHOPSTICKS (palillos chinos). Chámase así porque pola súa forma de tocala ao piano só utilizamos dous dedos. De feito, a xente que comeza con estudos de piano aprende esta peza tan sinxela e divertida.

Aquí a partitura:
Con esta peza veñen varias ACTIVIDADES:

- 1º, 2º e 3º de EP: forma o teu piano xigante cos materiais que tí queiras e interpreta a melodía. Faino coma no vídeo:

Se o prefires tamén a podes tocar cunha aplicación para tablets e móbiles: chámase Mi primer Xilófono. Descárgaa, grávaa e envíama.
Mira o vídeo:


- 4º, 5º e 6º de EP: para vós teño un reto maior. Colle a frauta e interpreta unha das dúas voces (a melodía aguda ou a grave). Ao mellor é máis sinxelo que fagas a aguda pero estaría moi ben que practicases a difícil tamén. Mira no vídeo:

Como sempre vos digo TODOS PODEDES INTENTAR FACER TODAS AS ACTIVIDADES. Calquera dúbida escribídeme ao mail:

susanadieguez83@gmail.com

ADIANTE!


domingo, 26 de abril de 2020

NOVO VÍDEO

Outro vídeo máis!

Desta volta o BOLERO DE RAVEL deunos para todo: frautas, vasos, culleres, castañolas, pés, palmas...

Se aínda non me mandache a túa versión, estás a tempo! susanadieguez83@gmail.com

GRAZAS: Liam&Alissa, Sara, Tania, Paula, Álex, Mateo, Daniel, Icía, Adrián, Anxo, Daniel, Iria, Gael e Javi. FEMOMENAAAAALLLL!!!!


sábado, 25 de abril de 2020

VÍDEO RESUMO

Ola a tod@s!

A semana pasada inauguramos o blog e propúxenvos unha actividade de movemento coa peza "Pisando Flores" de Ara Malikian.

Aquí vai un vídeo co que quero AGRADECERVOS o involucrados que estades para que todo siga igual dentro das circunstancias nas que vivimos. MIL GRAZAS FAMILIAS!

O vídeo non necesita presentación, fala por sí só.

GRAZAS A: CORA, DAVID, ENRIQUE, EDU, HUGO, ICÍA, JAVI, NOA, ICÍA, LEDA, PAULA, ÁLEX, TANIA, RUTH, MARTÍN  E BRUNO!!!!

Animádevos e seguide mandándome cousiñas a: susanadieguez83@gmail.com

mércores, 22 de abril de 2020

BOLERO DE RAVEL

Hoxe traio esta peza orquestral, composición do francés Maurice Ravel. O bolero foi un encargo que lle fixo a bailarina rusa Ida Rubinstein. Quería unha peza musical de carácter moi español. A Ravel parece que non lle fixo moita ilusión o encargo e creou unha única melodía que se vai repetindo durante toda a peza incorporando novos instrumentos. Quen lle ía dicir que se convertiría nunha das melodías máis coñecidas da historia?

Co Bolero veñen varias ACTIVIDADES:

- Actividades online: clica sobre o +  da presentación Genially e descubrirala.

- Vídeo: clica sobre o OLLO da presentación Genially e desfruta dos debuxos e da música.

- Actividades descargables en PDF: clica sobre a ESTRELA da presentación Genially.

- Acompañamentos: máis abaixo descubre os acompañamentos do Bolero creados por min. GRAVA un pequeno vídeo utilizando algúns dos que che propoño ou todos eles ou os que tí inventes.

- Frauta doce: tamén podes tocar a MELODÍA DO BOLERO coa túa frauta. Non é especialmente difícil, pero terás que adicarlle algún tempo. Podes vela no vídeo de abaixo PASO A PASO.

Por suposto TOD@S PODEDES FACER TODAS AS ACTIVIDADES PROPOSTAS! Pero se vos parece moito traballo podedes enviar do seguinte xeito:

- 1º EP:     VÍDEO DE ACOMPAÑAMENTOS DO BOLERO.

- 2º, 3º, 4º EP:     ACTIVIDADES PDF     e      VÍDEO DE ACOMPAÑAMENTOS.

- 5º e 6º EP:    ACTIVIDADES PDF    e      FRAUTA DOCE.

susanadieguez83@gmail.com







VÍDEOS ACOMPAÑAMENTOS:









FRAUTA DOCE










martes, 14 de abril de 2020

QUE RICOS OS BICOS

BICOS

Como xa seguro que vistes, onte foi o día internacional do bico. E a min inspiroume a facer este vídeo coa música de Cé orquestra pantasma.

Agardo que DESFRUTEDES del, CANTEDES con él, que BIQUEDES con él e que ENVIEDES as vósas versións ao meu mail: 
susanadieguez83@gmail.com



ACTIVIDADE PROPOSTA PARA INFANTIL



ARA MALIKIAN

Ara Malikian é un violinista libanés moi coñecido. Comezou a tocar o violín dende moi pequeniño coa axuda do seu pai, e a base de esforzo e dun talento innato chegou a ser o que é hoxe en día.

PREME na seguinte presentación e descubrirás: CURIOSIDADES, VÍDEOS e ACTIVIDADES sobre Ara e sobre o VIOLÍN e outros instrumentos da familia.

ATENT@ que son dúas páxinas!

Podes intentar facer tódalas actividades. Pero dependendo do curso que sexas deberás enviarme:

- 1º,2º e 3º: UN VÍDEO "facendo limpeza" E SEGUINDO A VELOCIDADE DA MÚSICA DO TEMA "PISANDO FLORES" (que está na segunda páxina da presentación). Podes ver un exemplo dun anaquiño de cómo o fixen eu.

- 4º, 5º e 6º: a actividade VEO, VEO, QUÉ VES? e o ENCRUCILLADO DE INSTRUMENTOS.

Ademáis, na presentación podes ver o trailer do DOCUMENTAL sobre a súa vida (é moooi interesante) e o VÍDEO do concerto.








ENVÍA A: susanadieguez83@gmail.com


BENVIDAS E BENVIDOS AO BLOG DA AULA DE MÚSICA

Neste espazo atoparedes tódalas actividades e tarefas relacionadas coa materia, ademáis de curiosidades, vídeos, xogos, etc...que considero interesantes para a vosa cultura musical.

Agardo que vos guste!

COMEZAMOS!!!

Bicos e Apertas

Susana