Pitiños, gatiños e peixiños buscaban unha estrela. Atoparìana?
O alumnado de 4° de EI por suposto que sí!
Pitiños, gatiños e peixiños buscaban unha estrela. Atoparìana?
O alumnado de 4° de EI por suposto que sí!
Os virus fan estragos estes días...e os poucos que estabamos hoxe na sesión de música de 4° de EI improvisamos e experimentamos as posibilidades do noso corpo. Que felices nos fai bailar e cantar todos xuntos!
Con esta divertida actividade experimentos coas intensidades en 5° de EP. Non se pode dicir que o pasemos mal...
Na última sesión con 1° de EP " xogamos" cos ordenadores. Repasamos a escala musical, colocamos as notas no pentagrama e facemos exercicios de audición. Rematamos a sesión cun musicograma.
En 1° convertémonos no músico e compositor Mozart, coñecemos a sùa historia, fixemos a audición de varios fragmentos das sùas obras e rematamos cunha bonita manualidade.
Con esta fermosa canción de Mamá Cabra falamos dos medos e das cousas que nos fan estar seguros e seguras.
Que sorte temos cos bicos que nos dan!!!!!
Con esta coñecida danza francesa practicamos en 4º de EP o pulso, a percusión corporal, a coordinación... e outros moitos aspectos musicais.
Dámoslle unha volta ao tema e decidimos que, en parellas, inventaremos un novo ritmo consensuado polas dúas partes. O resultado aquí o tedes!
Fóra chove, pero dentro da aula de música pasan cousas!!
Hoxe descalzámonos para facer esta divertida actividade, metidos e metidas na temática que nos corresponde polas datas que son.
Olliño ao ritmo e tamén ao equilibrio!
Xa levamos unhas cantas sesións cos libros virtuais de música e cada vez gùstannos màis. Hoxe en 3° fixemos algùns exercicios de audición.
Manuela Saxofonista ten algo que dicirvos...
A través desta canción aprendemos cousas sobre a música na prehistoria. Unha das primeiras manifestacións do ser humano: tocar, cantar e bailar. Como vehículo de expresión, como ritual na caza, na relixiòn, e como maneira de crear comunidade.
Helena, Marcos e Icìa de 6° de EP, bàilana así de ben!
Con pouco se fai música!
Uns botes de iogur, un globo, arroz e algo para decorar...as maracas xa están listas para tocar!!
Na última sesión traballamos o popular tema francés, Frede Jaque. Escoitamos a versión orixinal e cantamos, bailamos e acompañàmola con instrumentos de pequena percusión.
A canción de hoxe tiña dous protagonistas ou antagonistas por excelencia : o señor gato e o rato! Conseguirà o felino atrapalo nun descuido? Ou será máis listo o rato en saìr do seu burato? Antención!
Coñecida xa a canción dos Cinco dediños... o seguinte paso era acompañala cos instrumentos da aula!
O alumnado de 4° de EI acompàñaa cos skakers e coas maracas. Moi atentas e atentos xa que Manuela Saxofonista ( a nòsa mascota da aula) só quere unha orquestra que toque ben para ela!
Dende a pasada semana o alumnado de 5ª de EP traballa co novo método aulavirtualmusica.com!
Reapasmos ritmos, entonación, frauta... e empregamos os ordenadores para facer aqueles exercicios de audición individuais.
Motívanos moito e imos aprender un montón!
Chegou o Outono!
O ceo énchese de nubes que ás veces traen choiva!
Con esta canción de Sergio Tannus dámoslle a benvida. A nós non nos imporatan as nubes porque nos pillan cantando e bailando.
Por medio desta canción coñecemos a figura da negra e o seu silencio. Asociamos as sílabas rítmicas (TA) e vivenciámolo movéndonos pola aula.
Mira que ben o fan os nenos e nenas de 1º!!
Comezamos o curso 23/24 con ritmo!!
O alumnado de 1° EP acompañan con instrumentos de pequena percusión unha canción. Moi atent@s ao musicograma para respectar os silenzos.