xoves, 25 de novembro de 2021

Culleres!

 Aprendemos o sinxelo que é facer música algunhas veces. Cunhas simples culleres de plástico, un papel e celo para amarrar, podemos construír o noso instrumento! O alumnado de 5º contruiuno  e  nas aulas de 4º, 5º e 6º usámolo para acompañar rítmicamente varias cancións.



Se vos animades podedes facelas na vósa casa e practicar cos DOUS VÍDEOS:






Agradecemento a Nerea Seijoso polos seus materiáis!


mércores, 24 de novembro de 2021

Plink, plank, plunk!

 Neste mes varias clases do cole pasámolo xenial con esta actividade con panos. A música do compositor Leroy Anderson (xa coñecemos algunha mais del) levounos a facer a nósa propia versión de expresión corporal. 

No vídeo, as nenas e nenos de 1º de EP como exemplo. Coidadiño que non vaia caer!



luns, 8 de novembro de 2021

Samaín

 A semana pasada na Aula de Música traballamos o ritmo e a coordinación cun xogo de vasos. A canción, máis que coñecida por todas: The Adams Famaly!

Déixovos algúns vídeos das clases de 5º e 6º, pero o tema deu para traballala en tódalas aulas e de distintos xeitos. Agardo que vos gusten!