Ola a tod@s!
Esta semana pasada traballamos en case tódolos cursos coa música Cross Dance:
- Fixemos unha escoita en silencio (moi importante prestar atención).
- Xogamos cos papeis de seda de cores. Lembrade! Arrugando, estirando, alisando e sacudindo...
- Inventamos novos movementos para facer cos papeis.
- E, por último, fixemos un MUSICOGRAMA!!!
No vídeo, as nenas e nenos de 2º, moi concentrados para seguilo e non perderse👍