CORNOS DE CABRA,
CÚ DE GALIÑA,
PÉS DE PARRULO,
OLLOS DE MOUCHO,
LINGUA DE VACA!
VEÑA TODOS A BAILAAAAARRRRR!!!!
Próximamente participaremos na grabación deste tema de Uxía Lambona e a banda molona. Bótalle un ollo ao vídeo e practica!
Para o Entroido festexar
baila e canta sen parar.
O próximo día 13 faremos no cole o xa típico desfile de entroido. Preparade ben o baile que faremos todos e todas xuntas!
O vindeiro 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con diversas actividades. Como sempre unha delas será musical!
Pincha no seguinte enlace, aprende e practica a... CANCIÓN DA PAZ
No seguinte vídeo podes ver os ensaios do grupo de 6º de EP.